NN.XX. da provincia de Lugo destaca e agradece o forte empuxe que o Goberno Central está a dar ás políticas de xuventude.
Lugo 21 de febreiro de 2013.- Novas Xeracións da provincia de Lugo a través do seu presidente, Daniel Vega, deron conta hoxe da forte aposta que o Goberno Central está a facer polos mozos, un dos sectores da poboación máis castigados pola crise e polas altas taxas de paro.
Así, o presidente provincial, Daniel Vega, recordou que nos fondos de cohesión, España obtivo a creación dun Fondo Novo para impulsar o emprego xuvenil que se dotará con 6.000 millóns de euros, dos que 3.000 millóns de euros serán de “diñeiro novo” e, dos que España levarase máis do 30%. Segundo explicou Vega, “trátase dun éxito para España, pero tamén para o conxunto de Europa”.
“Os mozos son o centro das políticas de emprego do Goberno central”. Así, Vega referiuse a algunha das medidas que se establecen dentro da Estratexia para o Emprendemento e o Emprego dos Mozos. Entre elas o popular citou unha serie delas dirixidas aos menores de 30 anos, como son unha tarifa plana á Seguridade Social de 50 euros, durante os seis primeiros meses; a compatibilidade por desemprego co inicio dunha actividade por conta propia; a ampliación de posibilidades de capitalización de desemprego, que chegará ao 100% nalgúns supostos, cando se destine o inicio dunha actividade emprendedora ou o desenvolvemento de estímulos para que os mozos desempregados podan obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria.
Outras medidas dentro da Estratexia para o Emprendemento e o Emprego dos Mozos
Asemade Daniel Vega explicou que mentres a taxa de paro non se sitúe por debaixo do 15% o Goberno Central prevee incentivar mediante a redución da cota da empresa á Seguridade Social, a contratación a tempo parcial con vinculación formativa para os menores de 30 anos; de igual maneira; tamén se creará unha modalidade de contrato temporal, “primeiro emprego para os mozos”, con incentivos a súa transformación en indefinido e outorgaranse incentivos ao contrato en prácticas para o primeiro emprego.
Reforma Educativa
O presidente provincial referiu tamén a necesaria reforma educativa ambiciosa para facerlle fronte ao grave problema de emprego xuvenil, para mellorar a empregabilidade, para permitir que o noso país se posicione mellor na economía global e facernos máis fortes e competitivos, canalizando mellor o talento dos mozos que, na economía de hoxe, é a “nova riqueza das nacións”.
Asemade, Daniel Vega tamén resaltou a introdución da Formación Profesional Dual, que xunto ao Contrato de Formación e Aprendizaxe, proporcionará oportunidades de emprego de calidade aos mozos.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



