Dende a Asemblea Local do BNG Alfoz-Valadouro queremos facer pública unha puntualización referente a unha información aparecida onte día 11 nun medio impreso con motivo dunha reportaxe sobre Alfoz.
No texto dise que a Asemblea do BNG formada pola militancia de Alfoz e O Valadouro sufrira unha escisión entre os militantes de un e outro concello, iso nunca aconteceu.
A Asemblea Local do BNG naceu conxunta no 1995 e segue a selo na actualidade, nunca sufriu partición ningunha, malia algunha nota de prensa elaborada por certos elementos -hoxe fóra da Asemblea- con contidos totalmente falsos.
A hipotética escisión nunca figurou na orde do día de ningunha xuntanza (condición indispensábel pra calquera mudanza na estrutura local) e polo tanto nunca a militancia se pronunciou encol desta cuestión.
O BNG de Alfoz-Valadouro representa dende sempre á militancia dos dous concellos do val, e permanece unida, obviando límites territoriais artificiais.
Asdo.:
ALFREDO FREIRE
Responsábel local do BNG Alfoz-Valadouro