O BNG DE BARREIROS DILLE A ALFONSO FUENTE QUE DEIXE DE MENTIR PARA TAPAR A SÚA INCAPACIDADE Á FRONTE DO CONCELLO.
Barreiros, 21 de febreiro de 2013. O BNG de Barreiros considera que as declaracións vertidas por Alfonso Fuente a respecto da axuda á gardería municipal non pretenden máis que ocultar a súa nefasta xestión, a súa incapacidade para solucionar os problemas municipais e tentar ocultar e desviar a atención das súas declaracións sobre as queixas pola baixada do salario.
“Alfonso Fuente minte, din os nacionalistas, cando asegura que se retirou unha axuda á gardería municipal de Barreiros por parte da Deputación Provincial. Desde o grupo nacionalista explican que a liña de axudas á que se acollía esta subvención desapareceu no ano 2012 para atender a outros servizos sociais aos que o ente provincial tivo que facer fronte tras deixar de ser financiados pola Xunta ou o Goberno central segundo o caso.”
Ademais, recordan desde o BNG que “a xestión de Alfonso Fuente e a súa cabezonería política levouno a rexeitar a proposta feita polos nacionalistas no ano 2007 de integrar a escola infantil no Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar, integración que tería aforrado ao Concello uns 65.000 euros anuais ao facerse cargo da gardería a propia Xunta. Porén, naquel momento o Alcalde non quixo asinar este convenio, como fixeron moitos outros concellos, que permitiría contar con ese servizo e con outros, como un centro de día, dentro da rede galega sen custe, ou cun custe moito menor, para o Concello de Barreiros.”
Polo tanto, os nacionalistas pídenlle a Alfonso Fuente “que deixe de mentir e que explique a xestión real que lle está aplicando a este concello e á gardería municipal en concreto. E que explique que, pola súa falla de vontade, pola súa teima persoal, a gardería supón unha carga económica para o Concello de Barreiros ao non estar transferida á Xunta. Que explique que é por iso polo que está cargando ás familias con custos que poderían ser asumidos pola Administración galega que, ademais, é o que contempla a nova lexislación sobre administración local.”
Pero ademais, os nacionalistas recórdanlle a Alfonso Fuente que quen reduciu as transferencias ao concello foron a Xunta e o Goberno do Estado, gobernados polo Partido Popular, tal e como recolle o informe de intervención do propio Concello a respecto do ano 2012. O mesmo informe que recolle literalmente que as transferencias realizadas pola Deputación Provincial aumentaron nese ano. “Polo tanto, conclúen os nacionalistas, o Alcalde de Barreiros debería deixar de buscar e rebuscar desculpas en calquera cousa, deixar de botar balóns fóra e debería comezar a asumir as consecuencias do seu xeito de xestionar este concello e explicarlles ás veciñas e veciños que a situación actual vén dada, en grande medida, por decisións que el e o seu equipo de goberno estiveron adopatando durante estes anos.”




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



