NOS ÚLTIMOS TRES MESES O CONCELLO ABRIU 13 EXPEDIENTES DISCIPLINARIOS A PROPIETAROS DOUTROS TANTOS INMOBLES QUE SUPOÑEN UN PERIGO PARA A SEGURIDADE PÚBLICA. FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE SE ESTÁN A VER OS RESULTADOS DA POLÍTICA DE REHABILITACIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO E SUBLIÑA QUE TODOS OS OBXECTIVOS DO ÚLTIMO ARI ESTÁN CUBERTOS.
Ribadeo, 27 de febreiro de 2013. Desde o ano 2008 o Concello abriu 84 expedientes disciplinarios (13 nos tres últimos meses) aos propietarios doutros tantos inmobles que supoñen un perigo para a seguridade pública. Os datos foron facilitados esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, que se referiu deste xeito á situación do casco vello. O Concello incoou tamén 13 multas económicas e levou adiante 2 execucións subsidiarias. Suárez Barcia considera que se están a ver os resultados da política de rehabilitación que está a levar adiante o Concello ribadense e subliñou que todos os obxectivos do último ARI están cubertos.
O rexedor lembrou que “en máis dunha ocasión nos temos referido á situación do casco vello de Ribadeo e cómo desde o Concello estamos actuando con dúas caras: coa do diálogo e da colaboración con todos aqueles propietarios que queren rehabilitar os seus inmobles para que non supoñan ningún perigo público e logo tamén cunha cara máis dura con aqueles propietarios que se desentenden e que ao final fan que o Concello teña que adoptar medidas disciplinarias, sancionadoras ou mesmo de execución subsidiaria”.
Fernando Suárez indicou que “desde o 2008, que empezamos con esta política, actuamos en 84 expedientes, en 13 deles acabamos incoando multas económicas aos propietarios das vivendas (algunha delas reiteradas) e en 2 casos chegamos a facer execucións subsidiarias polo que o Concello tivo que facer as obras de por si con cargo despois, lóxico, do diñeiro ao propietario. Nestes últimos tres meses iniciamos 13 novos expedientes, que se están tramitando, e na maioría deles os propietarios, unha vez que lle ven as orellas ao lobo, acaban de boa fe eles iniciando os trámites e nestes últimos tempos nos están entrando proxectos de rehabilitación, que ao mesmo tempo supoñen unha fonte de traballo para moitas pequenas empresas de construción locais ou comarcais”. E engadiu que “se ve que no casco vello de Ribadeo hai certo traballo pola política que ten o Concello de ter estas áreas de rehabilitación, nas que se buscan subvencións do Estado e da Xunta, e porque os propietarios actúan para non ter problemas co Concello de Ribadeo”.
O alcalde ribadense pensa que “se están vendo os resultados xa de toda esta política de rehabilitación. Hai algúns inmobles, tamén nestes días, que están sendo obxecto de novas sancións económicas. Pero debo salientar o que sempre dicimos: ningún dos propietarios que viven en Ribadeo son destinatarios destas sancións económicas; trátase de propietarios de inmobles en Ribadeo, sobre todo no casco vello, que non están por aquí e que fan oídos xordos e que ao final se acaban encontrando cunha administración municipal que non quere escoitar máis razóns que as da rehabilitación dos seus inmobles para garantir a seguridade pública ou, en todo caso, se non están de acordo, que os vendan ou que llos cedan ao Concello para usos sociais”.
Fernando Suárez subliñou que “o décimo convenio do ARI firmado entre o Concello, a Xunta e o Estado dos obxectivos de 30 vivendas ata o 2015 están todos cubertos. Incluso, é máis, das 30 teóricas puidemos meter 40 expedientes. Quere dicir isto que funciona a vía da rehabilitación, a vía do diálogo, pero tamén funciona a vía da man dura con aqueles que non queren dialogar nin rehabilitar nin amañar. E espero que nos próximos meses, ao longo deste ano, se vexan máis estadas (andamios) en Ribadeo, máis obras no casco vello de xente que ao final, por ben ou por mal, acaba rehabilitando o seu inmoble. Iso supón unha mellora para todos, ter un casco vello dinámico, vivo, e que sexa tamén unha fonte de riqueza e un atractivo turístico de primeira magnitude para Ribadeo”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



