Burela, a 18 de febreiro de 2013.- O pasado mércores aprobouse no Parlamento Galego unha proposición non de lei presentada polo portavoz do Grupo Popular en materia de pesca José Manuel Balseiro, referida á actualización das tripulacións mínimas no sector pesqueiro. A proposta saiu adiante cos votos favorables do Grupo Popular, e os votos en contra dos demais grupos políticos, entre eles o PSOE.
Para o Partido Popular de Burela, “co seu voto en contra, o PSOE dalle literalmente as costas ó sector pesqueiro, porque o que demanda precisamente o sector é adaptar as tripulacións á situación actual en base a criterios de operatividade e competitividade. Resulta sorprendente que un partido que tivo responsabilidades de goberno desatenda a un sector que é fundamental para Burela e para A Mariña, o que demostra que descoñece a realidade presente do sector.”
Para os populares bureleses, “a postura socialista resulta de maior gravidade ainda se temos en conta que o seu voceiro de pesca no Parlamento, o Sr.Val Alonso, foi delegado territorial na materia e por riba é de Foz, pero que no pleno do pasado mércores demostrou estar máis na onda de organizacións que non miran precisamente polo sector pesqueiro”.
Ademais, resulta curioso que o PSOE, que está pedindo pactos co PP para todo, rexeitara a petición feita por Balseiro de asumir parte do posicionamento dos socialistas en materia de titulacións mínimas. O PP brindouse a chegar a acordos co PSOE e estes rexeitaron a petición, así de clara é a situación. Por eso, “desde o PP de Burela facémoslle un chamamento ó Grupo Parlamentario Socialista para que reconsidere a súa postura e se afane en buscar puntos de acordo co PP neste asunto, porque este pacto sería positivo para o sector de cara a facilitar a operatividade dos nosos pesqueiros. Deben lembrar os socialistas que nestes tempos que estamos a vivir, nos que se pide manter os postos de traballo, que no mundo do mar a única maneira de manter os postos de traballo é que os barcos poidan faenar e pescar, e eso é o que pide o sector”.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



