Aos populares de Mondoñedo preocúpalles a inseguridade que está a xerar o equipo de goberno que ante calquera problema non se amosa capaz de xerar unha solución.
Mondoñedo, 16 de febreiro de 2013- Ao Partido Popular de Mondoñedo preocúpalle a inseguridade que está a xerar o equipo de goberno que ante calquera problema non se amosa capaz de xerar unha solución. “ A falta de proxecto e incapacidade de xestión” que está a amosar o bipartito á hora de resolver os problemas locais, é “lamentable”, asegurou a portavoz local, Elena Candia, a raíz dun novo desprendemento que afecta a parroquia de Sasdónigas e que está a ameazar unha ruta escolar na localidade.
Ante esta situación, a portavoz popular demanda maior explicación do rexedor local, o nacionalista Orlando González. “Asemella que a autoridade do señor alcalde se está a cinguir a aportar o bastón de mando na procesión dos Remedios”, lamentou a popular, ao tempo que critica que o nacionalista “sempre desaparece ante os problemas escudándose no tenente de alcalde do PSOE , xerando desta maneira, “inseguridade na cidadanía e amosando que ao fronte do goberno local están persoas que non saben resolver os problemas”.
Neste senso, o PP esíxelle ao rexedor local que asuma as súas responsabilidades para solventar de maneira eficaz este tipo de situacións, xa que a popular lamenta que ao parecer o equipo de goberno cre que “contando os problemas, estes pensan que xa non son deles”.
Dado isto, os populares lamentan a imaxe que se poda estar a dar agora dende Mondoñedo, froito dun goberno que xera inseguridade e que se amosa incapaz de resolver situacións e máis ante unha problemática que, tendo en conta a climatoloxía e a orografía na localidade, sempre se sufriu na localidade. A popular referiu a existencia de máis de aspectos e de temáticas distintas que evidenciaron unha falta de implicación e incapacidade dun goberno que abandona aos veciños
Así, o bipartito mindoniense dado o seu compromiso asumido debe ser quen de dar unha resposta resolutiva aos veciños afectados e acadar obxectivos que redunden no beneficio colectivo, asegura a popular. Segundo explica a voceira, este proceso de traballo asumido non pasa simplemente por dar conta ante os medios do acontecido, ao tempo que Candia traslada a sorpresa do seu partido ante que o bipartito que “tanto se ofende e pide unión”, facilite información antes aos medios sobre o orzamento do vial de acceso de Orxal a Pausalido (Argomoso) que ao propio partido ganador das eleccións municipais”. A voceira popular lembra que o propio rexedor local, logo de que un técnico da Xunta visitara o lugar, asumiu en pleno o compromiso de informar á oposición sobre esta situación, que de novo, lamenta a popular, incumpre.
















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



