O domingo celebrouse en Santiago o Campionato Galego de Cross de Veteranos, no circuíto do Monte do Gozo, cunhas condicións climatolóxicas adversas que non axudaron ós atletas veteranos. Con chuvia e frío durante toda a competición os atletas veteráns disputaron o Campionato Galego cunha altísima participación de atletas de todos os clubes galegos.
Os atletas do CD Egovarros-Viveiro volveron a estar a un altísimo nivel acadando 6 metais, 4 medallas de ouro, 1 de prata e 1 de bronce. Os metais foron acadados na categoría femenina en W-50, Manuela Guisasola acadou o Campionato Galego e a súa compañeira en W-60 Francisca Romasanta tamén se proclamou campioa galega. No apartado masculino en M-45, Victor Sande fíxose coa prata demostrando estar recuperado das lesións que o tiveron apartado durante boa parte da tempada pasada, en M-60 o seu compañeiro Antonio Hernández proclamouse campión galego e Jesús Bernal fíxose coa medalla de bronce, en M-70 Antonio Cabana tamén se proclamou campión galego da súa categoría.
A próxima cita para os atletas do clue vivairense será o Campionato Galego de Veteráns de 10 km en ruta a celebrar o día 2 de marzo na localidade de Padrón.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
