O ALCALDE DE FOZ VALORA MOI POSITIVAMENTE A XUNTANZA MANTIDA HOXE EN SANTIAGO CON RESPONSABLES DE AUGAS DE GALICIA, QUE EN ABRIL VISITARÁN A MARIÑA PARA REUNIRSE COS PORTAVOCES MUNICIPAIS E CON REPRESENTANTES VECIÑAIS, AOS QUE ENSINARÁN A DEPURADORA DE RIBADEO.
Foz, 20 de febreiro de 2013. O alcalde de Foz fai unha valoración “moi positiva” da reunión que representantes da corporación municipal (o propio rexedor, o popular Javier Jorge Castiñeira; a voceira do PSOE, Rosa Pérez; o de Unifoz, Jaime Cancio; e o concelleiro do BNG, Xan Carlos González Basanta) mantiveron esta mañá en Santiago co director do ente autonómico Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e técnicos dese departamento para analizar a construción dunha nova depuradora no municipio focense. Castiñeira explicou que a xuntanza tiña como obxectivo “tratar de desbloquear o expediente da depuradora” e comentou que “todos os grupos agradecemos ese detalle por parte dos responsables de Augas de Galicia para tratar de superar este bloqueo”.
O rexedor municipal dixo que Augas de Galicia “segue apostando precisamente pola opción que menos afección ten para as persoas e o medio ambiente, que é Sarrido, igual que o equipo de goberno. O resto de grupos manteñen máis ou menos as súas opinións e vamos intentar abrir algunha liña de negociación, vamos tratar de facer unha reunión cos veciños”.
Javier Castiñeira engadiu que os responsables de Augas de Galicia “de forma moi positiva responderon ás preguntas de todos os portavoces defendendo a opción de Sarrido, a que afecta a menos casas, a máis illada de todas. Tamén explicaron que a ampliación da propia depuradora de Foz é unha opción mala e das peores que hai en canto á afección ás persoas sobre todo”.
O alcalde focense comentou tamén que se trataba de “axudar a buscar un punto de encontro”, pero recoñece que “non é fácil, porque as posicións están bastante divididas e dispares, pero a nosa obriga é seguir traballando todos os grupos”.
Castiñeira tamén anunciou que a vindeira xuntanza para abordar este asunto terá lugar dentro dous meses, cando responsables de Augas de Galicia se desprazarán a Foz para reunirse de novo cos portavoces municipais e con representantes veciñais de Fazouro, de Forxán e da vila focense. O mesmo día está previsto visitar a depuradora de augas residuais recentemente construída en Ribadeo para ver o seu funcionamento porque é similar á que está previsto construír en Foz.
O rexedor municipal rematou cun agradecemento aos representantes de todos os grupos da corporación por desprazarse hoxe a Santiago para participar na xuntanza cos responsables de Augas de Galicia.

























Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.



