Lugo, 15 de marzo 2013. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a gastos correntes do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico para os concellos con menos de 20.000 habitantes da provincia, tal como o anunciou o vicepresidente da institución e delegado de Benestar Social, o nacionalista Antonio Veiga, quen explicou que a contía total que se destinará a esta liña de axudas ascende a 650.000 euros, un 28 por cento máis con respecto a 2011. O ano pasado un total de 64 concellos dos 66 concellos menores de 20.000 euros da provincia beneficiáronse destas axudas para axudar a sufragar os custes do mantementos do Servizo de Axuda no Fogar a case 3.000 usuarios e usuarias.
“Esta medida – afirmou o vicepresidente- encádrase na estratexia de Goberno da Vicepresidencia, centrada na aprobación de medidas que garantan os servizos sociais nos concellos de menos de 20.000 habitantes aos que o Goberno galego deixou sen SAF básico coa aprobación do Decreto de servizos sociais e comunitarios polo que non financia dito servizo nestes concellos, é dicir, en todos agás o de Lugo. Este investimento deixa en evidencia que desde este goberno apostamos polas persoas do rural e o seu benestar preservando os seus dereitos mentres outras institucións non o fan. Fronte á Xunta e ao Goberno central, preocupados polo déficit público e centrados na privatización da sanidade e da dependencia, a Deputación lucense ten no seu eixo de actuación as políticas sociais. As medidas da Área de Benestar Social son diametralmente opostas ás dos executivos populares”.
Neste senso, Antonio Veiga aproveitou para pedir á Xunta que habilite liñas de axuda para os concellos con menos de 20.000 habitantes para evitar que o custe do mantemento do servizo recaia nos usuarios e usuarias do SAF básico, xa afogados pola suba de impostos, o repagamento farmacéutico e determinados servizos sanitarios. Lembrou, tamén, que “o Goberno galego adebeda á provincia de Lugo máis de dous millóns de euros en concepto de políticas de benestar por todas as cantidades que antes aportaba e desde o Decreto de servizos sociais non o fai”.
A subvención para o SAF básico que concede a Vicepresidencia da Deputación, a cargo da Área de Benestar Social, non excederá o 70 por cento da achega de fondos propios que dedique a entidade local ao programa ou servizo subvencionado, que deberá levarse a cabo ao longo deste ano 2013. A presentación de solicitudes para poder acceder a estas subvencións, que se outorgarán de acordo a criterios obxectivos, poderá realizase até transcorridos 30 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincial, que será previsiblemente o luns trala súa aprobación hoxe na Xunta de Goberno.
Defensa das actuais áreas sanitarias
Fóra do asuntos de Xunta de Goberno, Antonio Veiga afirmou que apoiaba firmemente as reivindicacións da Plataforma para a Defensa da Sanidade de Monforte, que ten convocada para mañá unha manifestación contra a xestión integrada única en Lugo. Nesta liña, Veiga expresou que “xa o equipo de goberno da Deputación de Lugo amosou a súa posición contraria á eliminación das xerencias sanitarias na Mariña e en Monforte de Lemos e ratificamos esta postura no pasado pleno, porque cremos que a Xunta de Galiza está a deixar de lado a milleiros de lucenses nun asunto tan serio como é a sanidade, simplemente co propósito de centralizar a xestión en Lugo para aforrar custes, obrigando a soportar a cidadanía custosos e incómodos desprazamentos para recibir atención sanitaria lonxe do seu hospital de referencia habitual, que pasará a ser o de Lugo”.
Para Antonio Veiga, “a postura do PP é soberbia e irresponsábel, como demostraron polo seu xeito de actuar na Mariña,, xa que desoen por completo as demandas de todos os mariñáns, e non hai máis que ver que á última convocatoria de xuntanza realizada pola Plataforma en Defensa da Sanidade da Mariña o pasado mércores, onde estaban practicamente todos os representantes dos sindicatos, persoal sanitario, traballadores e partidos políticos, a excepción do PP”.
“O enésimo anuncio que fai Feijóo do estudo da ampliación do Hospital da Costa parécenos talmente un anuncio-trampa co que tratar de desviar a atención. Nesta visión coincidimos tamén con moitas outras persoas do mundo sanitario da mariña que afirman que unha ampliación non serve para nada se non se dota do persoal necesario, algo que non vai acontecer xa que, ao contrario, moitos profesionais e persoal vanse ver desprazados a Lugo se a xerencia única integrada vai adiante, contra a vontade de todo o pobo da Mariña e Monforte”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



