Con motivo do cambio de estación, a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña organiza diversas actividades. O día 20 de marzo, mércores, terá lugar no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela unha festa de benvida á primavera, onde retrocederán ós anos sesenta, plasmando a importancia do medio ambiente que recollía o movemento hippy. Ó día seguinte, xoves, coincidindo tamén co Día da Árbore, plantarán ás 11:00 unha árbore na finca anexa, estando acompañados polas gañadoras do xogo desenvolvido durante toda a semana polo persoal de Gaia ¿Qué árbore é?, e da presencia da súa Presidenta, Dna. María Iris Castro Meitín. E pola tarde, un bo grupo de participantes no concurso celebrado con motivo de San Valentín, no Concello de Cervo, acudirán a recibir unha mención especial á Casa da Cultura de San Cibrao. A asociación recorda tamén que o martes 19 ás 15.30 disputarán o partido de fútbol sala contra Afaes-Porta Nova no pavillón Vista Alegre.



















O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



