O pasado 21 de marzo a Directora de Recursos Humanos do SERGAS compareceu ante a Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento, para explicar a política de persoal que se está a levar a cabo no SERGAS. Durante esta comparecencia, Margarita Prado anunciou a “bombo e platillo” a convocatoria de 176 prazas de persoal facultativo, de tal xeito que indicou que “damos prioridade a incorporación de novas e novos profesionais”.
Desde CIG-Saúde preguntámonos onde están esas “novas e novos profesionais” que se van incorporar, ou é que esas 176 prazas non están actualmente cubertas por profesionais? Pretende esta Dirección de Recursos Humanos confundir á opinión pública facendo crer que o que se fai é unha convocatoria para aumentar o cadro de persoal facultativo no SERGAS, cando en realidade o que se vai facer é facer estables os empregos de 176 persoas que xa na actualidade traballan no SERGAS. Nin hai novas incoporacións, nin pretenden facelas e, desde logo, na opinión da CIG-Saúde faltan moit@s profesionais, non só facultativos, no SERGAS para poder ofrecer un servizo de calidade. A limitación da taxa de reposición do 10% está a mermar as ratios de persoal e con elas a calidade do servizo sanitario público.
Xa coñecemos de sobra cal é a pretensión do goberno do PP: diminuir a calidade asistencial na pública para seguir inflando a privada. Non nos tomen por tont@s, a ninguén enganan. Por moito que enmascaren o anuncio da OPE de FEAs como a incorporación de 176 persoas ao SERGAS a realidade salta á vista. Calquera usuario ou usuaria pode comprobalo nos centros do SERGAS, non hai incorporación, senón que día a día se perden postos de traballo a base de privatizacións, falla de substitución das ausencias e limitación da cobertura das xubilacións, mortes ou incapacidades permanentes.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



