Un ano máis o pobo de San Ciprián acolle a súa tradicional Festa do Ourizo, que celebra a súa vixésimo segunda edición, e convértese no epicentro informativo e lugar de visita obrigada para todos aqueles que desexen disfrutar da boa gastronomía.
Ben é certo que os pratos preparados con este equinodermo pasaron de ser receitas con escasa atención gastronómica a significar unha exquisitez moi valorada por aqueles que entenden da boa cociña. De aí, parte da razón do seu éxito, nos últimos anos.
Claro que nada ten que ver esta situación coa realidade histórica dun produto mariño que si viña sendo apreciado polos nosos veciños, polas xentes, profesionais do mundo do mar e dos núcleos costeiros da Mariña que xa coñecían a súa potencialidade culinaria.
En calquera caso o que comezou como unha iniciativa dun grupo de veciños interesados en potenciar a degustación deste produto de temporada, no marco das ideas impulsadas daquela por unha emerxente asociación de comerciantes, ten hoxe unha proxección importantísima incluso no conxunto de Galicia..
A Festa do Ourizo, non me cansarei de dicilo, é unha cita que naceu do pobo, quen lle deu o seu primeiro impulso e que desde moi pronto contou co apoio do Concello de Cervo e outras administracións como a Xunta. Pobo e administracións unindo esforzos conseguiron ese reto no ano 2008, da súa declaración como festa interese turístico galego.
Nos últimos anos a presenza de destacados dirixentes políticos e, moi en particular, da conselleira Rosa Quintana, son mostra certa do compromiso coa exaltación dun produto que para moitos está aínda por descubrir. A titular do departamento autonómico do Medio Rural e do Mar subliña o sentir orgulloso dun pobo que ten razóns para presumir dos seus produtos culinarios.
No futuro está o reto de seguir facendo do ourizo e, en xeral, do marisqueo unha fonte de achega de emprego e de beneficio económico, tanto a través da extracción como tamén, e aquí queda moito por andar, pola comercialización e transformación dos produtos mariños. Que mellor forma de facer realidade este obxectivo que recuperando e potenciando unha actividade tradicional que está a darse na nosa costa desde fai moito tempo.
Convídovos a viaxar o sábado a San Ciprián. A compartir o ambiente festivo desta vila que se engalana para exaltar un dos seus produtos máis recoñecidos: o ourizo do mar.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



