A Mesa pola Normalización Lingüística acusa a Génesis Seguros de discriminar o galego e incumprir a lexislación que garante os dereitos lingüísticos dos tomadores de seguros. Esta denuncia ven dada pola formalización telefónica do contrato dunha póliza de seguro obrigatorio para a motocicleta de Serxio o 19 de xaneiro. Na conversa solicitou recibir a póliza do seguro en galego e ante a manifestación da teleoperadora de que non había problema, el aceptou a contratación. Tras recibir a documentación provisional unicamente en castelán, solicitou por escrito até en tres ocasións que lle fose remitida a copia da súa póliza en galego. O tomador púxose en contacto coa Liña do Galego, un servizo da Mesa pola Normalización Lingüística cuxo obxectivo é asesorar, informar e tramitar queixas ou parabéns sobre os dereitos da comunidade lingüística de Galiza; polo que desde A Mesa pola Normalización Lingüística tamén contactaron coa compañía Génesis Seguros á que instaron a respectar a lexislación vixente e tomar as medidas necesarias para garantiren o dereito da súa clientela galega a dispor de toda a documentación e atención relativa aos servizos que teñen contratados coa súa compañía na lingua propia de Galiza.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



