Foz, 1 de marzo de 2013. Segue en Foz ata o vindeiro 23 de marzo a segunda edición da Ruta dos Viños, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da vila. Na cita participan 29 establecementos hostaleiros. Entre os clientes que selen a tarxeta en tódolos locais sortearanse varios premios: o primeiro é de 300 euros en vales de compra e diploma de “Ruteiro Maior”, ao segundo corresponderanlle 150 euros en vales de compra e haberá 4 premios de 100 euros cada un en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes.
O sorteo realizarase durante un programa de Radio Foz (107.4 FM) que se emitirá en directo o 26 de abril, venres, ás doce do mediodía.
Os 29 locais hostaleiros participantes son A Eskina, A Funcional, A Maseira, A Rambla, A Rula, A Viña, Bar A Bolera, Bar Acuario, Bar O Chícaro, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hotel Restaurante Leyton, Mesón O Tangarte, Namarinos, Pizzería Xoíña, Pub O Atabal, Restaurante As Brasas, Restaurante Bar O Lar, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Mar, Restaurante O Tangarte Mariñeiro e Restaurante Portochico.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



