En relación coas últimas noticias publicadas sobre a marcha de Alimentos Lácteos, a dirección da empresa aclara nun comunicado que a situación na que se encontra a compañía é a de preconcurso. Nesta situación iniciáronse as conversas necesarias cos distintos acredores para habilitar a continuidade das operacións e a viabilidade do proxecto.
De cara á solución de continuidade, contamos co esforzo das cooperativas socias, e atopamos, no Grupo Leche Pascual, un aliado que esta prestando a máxima colaboración no plantexamento dunha solución global, implicándose no proceso moito máis alá da súa condición de propietario das instalacións.
Nesta situación, a Dirección, decidiu plantexar ao Comité de Empresa o establecemento dun ERE temporal que garanta as percepcións salariais. Este ERE adaptarase ás necesidades da planta en canto se reinicie a actividade, o que agardan que se produza na maior brevidade posible. O plan de negocio para o que agora se busca financiamento, non so contempla a reincorporación de toda o plantel, senón o incremento deste para chegar a niveis de produción máximos e obter, así, o rendemento óptimo da industria.
En calquera caso, esta solución de futuro, depende de que todas as partes implicadas cheguen a acordos lo antes posible. “Estamos poñendo todo o noso empeño para que este parénteses na produción se dilate o menos posible”, afirman dende a dirección.