Ante a aprobación o pasado xoves día 21 do decreto que regula a estrutura organizativa de xestión integrada das áreas sanitarias de Lugo, Burela e Monforte de Lemos, os grupos de AGE na Mariña apoian a concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña en defensa da autonomía do Hospital da Costa para este sábado ás 12.30 horas. Deste xeito, os grupos de AGE na Mariña chaman á cidadanía a sumarse á aperta silenciosa ao Hospital da Costa para amosar a determinación común na defensa e mellora dos servizos sanitarios na comarca, e do seu mantemento como públicos, gratuítos e de calidade.






















Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



