O Concello de Ribadeo, en colaboración con Cacumen, organizou un curso gratuíto de Manipulador/a de Alimentos, que se desenvolveu os días 13 e 14 de marzo en sesión presencial e que continuará nos próximos días on line. O curso ten unha duración de 30 horas e permitiralles aos participantes dispor dunha acreditación homologada para o desempeño das ocupacións específicas. Segundo a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, “as xornadas resultaron moi proveitosas a tenor da participación dos inscritos que se mostraron plenamente satisfeitos e coa intención de participar en futuras programacións que se establezan”. A edil nacionalista engadiu que “desde o Concello debemos de salientar que se seguirá pola vía da formación, tanto para desempregadas/os como para ocupados/as, co fin de seguir mellorando a empregabilidade dos nosos veciños/as”.



















O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.



