O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o concelleiro de Servizos de Mondoñedo, Modesto Díaz García, mantiveron este mércores un encontro coa familia de Pausalido que se atopa illada dende decembro, cando as choivas provocaron derrubamentos de terra na zona, cortando os accesos viarios á súa vivenda. Logo de tres meses nos que o municipio mindoniense atendeu as necesidades destes veciños á espera dunha resposta por parte da Xunta como administración responsable das emerxencias en Galicia tal e como establece a Lei, Deputación e Concello de Mondoñedo poñen fin “ó abandono no que se atopa esta familia ante a desidia do Goberno galego”. Gómez Besteiro avanzou que a Xunta de Goberno Provincial aprobará o venres un convenio mediante o cal a Deputación habilitará unha liña de financiamento de 33.000 euros ó Concello, adiantándolle deste xeito o orzamento necesario para asumir os traballos que permitan despexar a zona. Posteriormente, o Concello deberá devolver este presuposto ó organismo provincial. Díaz García subliñou que coa colaboración da institución luguesa o municipio poderá contratar estas actuacións, consistentes na retirada do material acumulado e na construción dun muro de escolleira para evitar que esta situación se repita, para a súa inmediata execución.
Con esta liña de financiamento, o presidente cumpre coa palabra dada ó concelleiro que reclamou axuda ó organismo provincial ante a falta de recursos municipais e da resposta da administración galega coas competencias na materia. A Lei de Emerxencias de 2007 di, textualmente, que “corresponde a la Xunta de Galicia la gestión de las emergencias que superen los medios de respuesta de que disponen las entidades locales”. Esta situación fixo que, dende o 16 de decembro, tres persoas dunha mesma familia de Pausalido estivesen illados, recibindo axuda diaria por parte do Concello de Mondoñedo, que puxo á súa disposición medios persoais e técnicos. Durante estes tres meses, dúas persoas da entidade local están pendentes cada día de recoller a unha cativa, ás oito da mañá, cun tractor e un todoterreo, para levala á parada do autobús escolar máis próxima. Pola tarde, volven a recollela. Ademais, encárganse de levar á vivenda o que necesiten, dende comida ata material para atender a explotación gandeira.
“Garantir os mesmos dereitos ós veciños, vivan onde vivan”
O titular provincial subliñou que, tendo en conta que a xestión de emerxencias non é competencia das Deputacións senón da Xunta de Galicia, “a única fórmula que atopamos para poñer fin a esta situación é facer unha transferencia de cartos ó Concello, que terá que devolver en 3 anos, xa que estamos ante problema nunha vía municipal debido ás condicións climatolóxicas, que provocaron emerxencias como esta en toda Galicia. Buscar culpables non serve de nada cando o problema, neste caso unha familia incomunicada, segue aí. Hai que actuar e executar as competencias para garantir os mesmos dereitos e deberes a todos os veciños, vivan onde vivan, na Coruña ou nesta parroquia de Mondoñedo”.
Acondicionamento dun novo espazo público en Alcántara
O presidente e o concelleiro supervisaron os traballos que a Deputación iniciou hoxe mesmo en Mondoñedo, “respostando a un proxecto solicitado por Modesto Díaz”. Gómez Besteiro explicou que se trata do acondicionamento brando (ó non ser asfalto) e transitorio (xa que se empregará en determinadas ocasións) dun novo espazo público na praza de Alcántara, concretamente detrás dos xulgados, para facer fronte á presión do automóbil que sofre o centro desta localidade. O Presidente subliñou que a institución luguesa executa estes traballos coas instruccións dos técnicos municipais para respectar o casco histórico. Ademais, faino con medios propios, empregando as máquinas do Parque Móbil Provincial, optimizando os recursos do organismo lugués e aforrando cartos ás arcas municipais.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



