O día 17 de marzo, a Asociación Os Sendeiros de Foz celebra o Día do Socio cunha ruta polo Concello focense. A saída está prevista para as 9 da mañá da Casa do Concello de Foz e pasarán por Malates, Mañente, Vilaronte, O Carme, San Martiño, O Santo, San Blas e de novo por Foz. Cómpre sinalar que o prezo da actividade é de 10 euros para os socios con xantar incluído. Os interesados poden inscribirse ata o sábado 9 de marzo a través dos teléfonos 670 369 017 ou 696 236 020 ou no enderezo electrónico: ossendeiros@yahoo.es.
