Nunca fun persoa extremista nas cuestións lingüísticas e mesmo teño sido criticado por-seica- ser morno de máis neste asunto. Sempre confiei-e sigo a confiar- no que atinxe a promoción do galego nas ferramentas da convicción e respecto ás persoas e na obriga a respecto das Institucións. Ás persoas se lles ha tentar convencer e ás Institucións hai que lles esixir o máximo compromiso coa Lingua.
Coñecimos hai días a nova, malia que ocorrise no 2010, de que un Secretario de Xulgado non galego que leva varios anos vivindo en Galicia pedira a nulidade dunha multa de aparcamento do concello pontevedrés pretextando que non entendía un sinal que dicía “prohibido estacionar, agás de x a y”. E este feito sobarda todas as convencións da boa convivencia. Porque, como defende a maxistrada vasca Garbiñe Biurrun, esta caste de comportamentos son merecentes de reproche por falla de civismo e de cidadanía democrática . Porque xa non é defender o “non me interesa deprender a vosa lingua” senón que o que se nos di é “non vos quero” e “a vosa lingua é un dialectiño no que non se pode escrebir nada que sexa científico nin normativo”, E iso, amigos e amigas, élles moi perigoso se o dí un Secretario de Xulgado ou, en xeral, calquera funcionario público con certo mando.
Velaí que sexa urxente unha modificación normativa que acade a plena igualdade entre galego e castelán no que atinxe ao deber de coñecemento e, sobre todo, para que ningún residente poida pretextar descoñecemento do galego. E para isto abondaría con levar a Lei de Normalización do 1983 até o límite de constitucionalidade que determinou o TC canda o “Estatut”. Tampouco viría mal unha meirande comprensión da xurisprudencia a respecto da necesidade de normalizarmos o uso da lingua.
A ARRINCADEIRA: O Dépor si pode.
Fernando Vázquez ten un plan. Semella que as vindeiras xornadas do calendario poderían traermos esa arelada redución da marxe de puntos precisos para chegarmos aos níveis da supervivencia. Mais o obxectivo da Lei Concursal é a sobrevivencia das empresas. As posibilidades de sobrevivencia do Dépor dependen nomeadamente de mantermos a categoría. E isto, dende logo, de que os empregados e xogadores cobren e de que os embargos todos fiquen sen efecto.
Xoán Antón Pérez-Lema
Cadernos da viaxe


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



