Lugo, 20-03-2013 – A Voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, lamenta a mala imaxe que está a dar o ente provincial por ser coñecido, outra vez máis, por enfrontamentos con outras institucións.
Refírese nesta ocasión Elena Candia á sentenza emitida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que demostra que a Deputación de Lugo plaxiou a imaxe de Km0, usada polo Concello pontevedrés de Lalín.
Afirma Elena Candia que a actitude de Gómez Besteiro é tal que ata ignora os pronunciamentos xudiciais, unha situación que “prexudica gravemente” a imaxe do organismo provincial.
Conclúe a voceira popular manifestando que a priori, o Concello de Lalín dirixiuse, amistosamente, á Deputación de Lugo para arranxar este asunto en clave institucional pero a soberbia do Señor Besteiro fixo que se tivese que levar aos tribunais.