O pasado sábado, día 16, na Casa da Cultura de Alfoz, celebrouse a terceira xornada do I Festival de Curtas de Alfoz, que estivo dedicado ó cine de Cervo e Burela. Este festival está organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro, en colaboración coa Deputación Provincial e o Concello de Alfoz. O acto comezou cunha mesa redonda sobre o mundo do cine, no que, moderado por Xabier Pardiñas (presidente do SEVA), participaron os dous directores do día (Paco Piñeiro e Matías Nicieza), xunto con Ramón Casas, un dos promotores e directores da representación teatral que tanto éxito vén acadando nas últimas semanas “Os vellos non deben namorarse”, e Xaquín Domínguez, un dos protagonistas da coñecida serie da TVG “Padre Casares”. Logo da mesa redonda puidéronse ver as películas “Focegos por amor”, de Paco Piñeiro, e “33”, de Matías Nicieza.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



