Foz, 01 marzo de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, critica aos grupos da oposición municipal por impedir a actualización da ordenanza que regula o prezo da axuda no fogar, “o que pon en risco a continuidade do servizo”, e tamén por non apoiar a creación da sede electrónica no Concello no pleno da corporación celebrado onte. No primeiro asunto PSOE e Unifoz votaron en contra, mentres que o BNG abstívose, e no segundo os tres grupos de oposición rexeitaron a proposta do goberno municipal do PP.
O grupo de goberno focense censura a actuación da oposición nesta sesión, porque “os dous puntos importantes para a economía e a xestión do Concello foron votados en contra pola oposición, principalmente polo PSOE e por Unifoz. Lamentable, gravísima e irresponsable é a decisión destes dous grupos ao votar en contra da actualización da ordenanza do prezo do servizo público de axuda no fogar, poñendo en risco o propio servizo posto que depende directamente desta actualización obrigada por parte da Xunta de Galicia adaptándose a lei 99/2012, de obrigado cumprimento”, explicou Castiñeira.
O rexedor municipal engadiu que o servizo de axuda no fogar “depende das subvencións da Xunta de Galicia, de máis de 300.000 euros que recibe o Concello de Foz neste ámbito, e como mínimo xa se van perder 2.500 euros do Concello. Isto xa é colmo da hipocrisía, porque estes señores deciden non subirlles as taxas, tal e como di a lei, aos propios usuarios e así van ter que pagala todos os veciños, o Concello en xeral, máis de 2.500 euros ao mes. Isto é un fraude político, que os cidadáns teñen que saber. Lamentable, gravísima e irresponsable esta decisión porque pode incluso estar en dúbida o cumprimento deste servizo”.
Para Javier Castiñeira “lamentable é a tamén a decisión de non aprobar a sede electrónica, que o único que se significa para os cidadáns son mellores dereitos, máis acceso á propia administración desde o seu domicilio a calquera hora e todos os días da semana. Pero esta xente está nesa labor de negar todo o que presenta este grupo de goberno e por iso sigo tachando á oposición (ao PSOE, a Unifoz e ao BNG tamén) de fraude político, no que os cidadáns vense enganados por uns partidos que non teñen responsabilidade ningunha ante as decisións que se toman no pleno”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



