Foz, 8 de marzo de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, espera que os grupos que forman parte da oposición municipal cedan nalgunha das súas peticións para o aprobar o orzamento do Concello focense para este ano 2013, xa que o goberno local aceptou incluír no presuposto o plan de emprego e facer importantes recortes en gastos, a proposta da oposición.
Javier Castiñeira explicou esta mañá que coa reunión celebrada na tarde noite de onte o equipo de goberno municipal, do Partido Popular, “da por rematadas as xuntas de portavoces dedicadas a tratar de chegar a un acordo para os orzamentos municipais deste ano 2013. Despois de que o grupo de goberno aceptase, xa na primeira xunta, levar un plan de emprego, tal e como pediu a oposición, e recortar importantes partidas nos gastos, a discrepancia está agora nas subas salariais pola aplicación da Relación de Postos de Traballo (RPT) dos empregados municipais”.
O rexedor municipal afirma que “o contexto socioeconómico e incluso a legalidade avalan a posición do grupo de goberno, que o levou a conxelar os salarios dos empregados a principios deste ano. Foi debido, entre outras cousas, á falta de liquidez provocada por non terse acollido o Concello ao plan de pago a provedores, unha situación que foi debidamente informada xa no seu momento polo alcalde e na que os propios portavoces dos grupos da oposición fixeron caso omiso”.
Castiñeira engadiu que “despois desta última rolda de negociacións o que lle queda ao grupo de goberno é tratar de facer un último esforzo para a elaboración dun documento definitivo que a finais deste mes ou principios do próximo poidamos levar a pleno”.
O equipo de goberno focense cre que “nun documento que ten que ser consensuado deberían ceder todas as partes, neste caso tamén os traballadores e evidentemente a oposición; non só o goberno, como está a pasar. Sabemos que unha subida salarial nos momentos en que estamos, de situación económica delicada no propio Concello, é un asunto complicado. E aparte hai as limitacións legais coa aplicación do decreto lei 20/2012 de orzamentos do Estado”.
Ademais o alcalde lembrou que no orzamento municipal para este ano “queremos incorporar 7.000 euros de subvención para a asociación de discapacitados e incluír ao club de tenis no programa de subvencións, con mil euros; tamén ao coro parroquial de Cangas, con 400 euros; e ao grupo de teatro O Batán, de Cangas, con 800 euros. Ademais tratamos de manter a cota ao resto de asociacións activas incluídas, como xa dixemos no primeiro momento, a Feira do Libro, a aula da UNED, as escolas deportivas e a escola municipal de música. A verdade é que xa é un esforzo importante nos tempos nos que estamos e dada a situación económica do Concello. Dotaremos tamén unha partida para a compra de terreos, ben sexa do Castro de Lelle ou para a depuradora, se se chega a algún tipo de acordo, e outra para equipamento de Radio Foz”.
Nova ordenanza
Por outra parte, Javier Castiñeira anunciou hoxe que o Concello “está valorando a posibilidade de elaborar unha ordenanza que regule o uso das instalacións dedicadas a aula e as pistas de tráfico onde se fan os exames das autoescolas, ademais do parque de tráfico infantil. Son dotacións municipais que lle están custando diñeiro ao Concello e evidentemente débense sufragar os gastos”.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



