A Coruña e Lugo, 18 de marzo de 2013.- Tras a sinatura a semana pasada en Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela dos contratos de patrocinio dos clubs de alta competición de Galicia, o secretario xeral para o Deporte, e Vicepresidente Executivo da Fundación Deporte Galego, José Ramón Lete, asinou hoxe os contratos do Plan cos equipos das áreas de A Coruña e Lugo.
O Plan, iniciado na tempada 2009/2010, pon de manifesto, segundo Lete Lasa, que “o deporte galego, e dentro del, os nosos clubs de alta competición, son inmellorables embaixadores de Galicia: levan a nosa marca, e os galegos sentímonos correlativamente representados neles”.
Na presente tempada, un total de 65 equipos quedan englobados no Plan, representando unha ampla variedade de modalidades deportivas: bádminton, baloncesto e baloncesto en cadeira de rodas, balonmán, béisbol, fútbol e fútbol sala, hóckey herba e a patíns, rugby, tenis de mesa e voleibol. Todos estes equipos teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas en que a competición de máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente.
Lete Lasa quixo remarcar a moi destacada presenza do deporte feminino: “como en edicións precedentes, o deporte feminino acada un moi destacado volume de investimento, pero este ano, ademais, vese reforzado fronte a pasadas tempadas: 30 equipos na 2010/11, 32 na 2011/12 e 34 na 2012/2013”, apuntou o secretario xeral. Este incremento na presenza de equipos femininos ten o seu correlativo reflexo no incremento da dotación económica invertida: 861.000 euros fronte aos 834.000 do pasado exercicio.
25 equipos das áreas de A Coruña e Lugo, cunha inversión orzamentaria de case 700.000 euros
No ámbito do Plan, José Ramón Lete asinou hoxe os contratos cos 25 equipos das zonas de A Coruña e Lugo.
Trátase do Basquet Coruña, Universitario de Ferrol, Victoria C. F., Club Viaxes Amarelle F.S., Comarcal A Fervenza FSF, Valdetires Ferrol F.S.F., Fisober F.S.F., Club Basketmi Ferrol, Hóckey Club Liceo, Hockey Club Borbolla, Clube Patín Cerceda, Club de Arquitectura Técnica (masculino e feminino), Club de Mar San Amaro, Club Deportivo Aldebarán, Club Instituto Zalaeta, C. B. Breogán S.A.D., Club Porta XI C. B., Club Peluquería Mixta de Friol, Prone Lugo Asociación Deportiva, C.D. Burela F.S. (masculino e feminino), Agrupación Deportiva A Pinguela e o Club Voleibol Emeve (masculino e feminino).



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
