O alcalde pídelles aos veciños e veciñas da zona que se advirten algo novamente se poñan en contacto coa Policía Local ou coa Garda Civil.
Ribadeo, 13 de marzo de 2013. O Concello reporá a placa que alguén arrincou e roubou da rúa Manuela Barreiro Pico. O alcalde, Fernando Suárez, pídelles aos veciños e veciñas da zona que si advirten algo novamente se poñan en contacto coa Policía Local ou coa Garda Civil. Suárez Barcia lembra que o nome desta rúa, ao igual que as outras que recibiron a denominación o pasado venres, foron consensuados e aprobados por unanimidade pola Corporación Municipal.
O rexedor dixo que “cunha profunda decepción coñezo o feito de ver como alguén arrincou e roubou a placa dunha destas rúas, da denominada Manuela Barreiro Pico, que o venres pasado inauguramos con motivo da celebración do 8 de marzo. Supoño que sería a mesma persoa á que non lle debe gustar que unanimemente na Corporación Municipal de Ribadeo cheguemos a consensos para nomear unha serie de espazos e de rúas da nosa vila, a maior parte deles pola insistencia do servizo de Correos da dificultade que tiñan para entregar cartas correctamente debido a que moitas rúas estaban en barrios grandes e non estaban definidas as súas denominacións convenientemente”.
Fernando Suárez lembrou que “neste caso a unha desas rúas puxémoslle o nome de Manuela Barreiro Pico, en honor dunha persoa que moi a principios do século XX tivo a coraxe de ser a primeira farmacéutica que houbo en Ribadeo, nun momento no que as mulleres tiñan difícil o acceso a carreiras superiores, e difícil o feito de abrir establecementos por elas mesmas”.
Para o alcalde de Ribadeo “é lamentable que alguén faga isto, sería a mesma persoa que andou poñendo anónimos convidando a unha manifestación contra á inauguración desa rúa, cousa que me parece absurda. Repoñeremos a placa, loxicamente, tentaremos colocala de xeito máis forte para que non se arrinque outra vez, pero non estamos libres de que algún energúmeno ou energúmena volva facer das súas”. O rexedor pídelles “aos veciños e veciñas desa zona, que o outro día acudiron a ese acto e que se amosaron contentos e satisfeitos de que unha vía que nunca tivera denominación levara o nome dunha persoa tan insigne, que si advirten algo o comuniquen á Policía Local ou á Garda Civil porque eu creo que sería boa cousa para a convivencia cívica entre todas e todos, aquí en Ribadeo”.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



