Lugo, 27-03-2013 – A voceira do PP na Deputación Provincial de Lugo, Elena Candia, denunciou hoxe en rolda de prensa que o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, tardara ata catro meses, dende que fora informado por un técnico, en poñer en coñecemento do Ministerio Fiscal o pago de máis de 300.000 euros en obras sen executar na piscina de Monterroso.
Elena Candia deu conta dos datos atopados tralo estudo do expediente da piscina, solicitado polo Grupo Provincial Popular para o seu estudo dende que tivo constancia por prensa da existencia de posibles irregularidades en torno á obra de Monterroso.
A popular asegurou estar ante un suposto moi grave, do posible pago de obras que non están feitas e cuns importes moi elevados. Deste xeito, Candia explica que o 28 de novembro de 2011, emítese a certificación número 10, na obra da piscina climatizada de Monterroso, quedando pendente de certificar soamente 5,525,35 euros.
Porén, preto dun ano despois un técnico da Deputación, concretamente o 23 de outubro de 2012, informa que tras a realización dun chequeo aleatorio, percibe a simple vista que hai cantidade de obra pendente de executar por 300.000 euros, que logo resultou ser por 323.937,37 euros.
Polo tanto, Gómez Besteiro é sabedor de posibles irregularidades en outubro de 2012, que non pon en coñecemento do Ministerio Fiscal ata 20 de febreiro de 2013. Neste senso, a voceira popular refírese ao artigo 262 da Lei de enxuizamento criminal que recolle que o que “por razón do seu cargo, profesión ou oficio tivera noticia dalgún delito público, estaría obrigado a denuncialo inmediatamente ante o Ministerio Fiscal, ao Tribunal Competente…”. Mentres que no artigo 408, do Código Penal, cítase que a autoridade ou funcionario que, faltando a obrigación do seu cargo, deixara intencionadamente de promover a persecución dos delitos de que teña noticia ou dos seus responsable, incurrirá en pena de inhabilitación especial para emprego o cargo público por tendo de seis meses a dous anos.
Tardía en darse conta da situación
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular tachan de “incomprensible e incrible” que nin o presidente provincial, nin o rexedor local de Monterroso, se deran conta no período dun ano de que na obra da piscina faltaban unidades de obra sen facer por máis de 54 millóns das antigas pesetas. Neste senso, hai que ter en conta que a certificación número dez, na que se recolle que só quedaban pendentes de executar obras por valor de 5.525,35 euros é do 28 de novembro de 2011; mentres que é un ano despois cando o técnico informa de que existen sen acometer obras por 323.937,37 euros.
No estudo do expediente, a deputada provincial do PP tamén denuncia retrasos sospeitos á hora de notificar a situación e pedir informes a determinados servizos da Deputación. De igual maneira, Candia explica que a día de hoxe, segundo a información facilitada, non figuran expedientes disciplinarios.
Delegación de firma
A voceira popular pregúntase se este tipo de actos ante posibles irregularidades son as que levan ao Presidente Provincial a delegar a firma nos seus compañeiros. Dende o Grupo Popular aseguran que quizabes Gómez Besteiro non se sente cómodo firmando documentos ante feito de dubidosa legalidade, que empañen a súa campaña de imaxe para facerse coa secretaría do PSdeG.
Dende o Grupo Popular aseguran que o presidente da Deputación debe actuar como tal, exercer o mando e a dirección sobre esta obra e evitar calquera posible irregularidade, retraso e prexuízos a todos os lucenses, que ao final, son os que pagan cos seus impostos todas estas obras.
Por último, a marxe da responsabilidade penal que está en coñecemento da xustiza, dende o Grupo Popular piden tamén responsabilidade políticas.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



