A librería Bahía de Foz acolleu un obradoiro de plástica para nen@s impartido por Aina Noguera. Os participantes xogaron coa cor e as palabras elaborando vistosos móbiles cos que convocar á primavera. Ademais, a pintora Aina Noguera inaugurou este venres 15 de marzo unha exposición da súa obra no Cenima de Foz que permanecerá aberta ata o 10 de abril.
