O alcalde de Ribadeo adiantou que este mediodía biólogos da Xunta comprobarán o estado no que se atopan os bancos marisqueiros.
Ribadeo, 18 de marzo de 2013. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que as fortes mareas destes días e as intensas chuvias están a contribuír a que o impacto do gasóleo na praia dos Castros sexa pequeno. Unha empresa de transportes da Devesa foi obxecto dunha sabotaxe na noite do sábado ao domingo. Os autores dos feitos racharon os depósitos de combustible de varios camións e causaron danos noutros seis máis. Ese gasóleo, a través dun regato, chegou a ese areal ribadense, que este mediodía será visitado por biólogos da Xunta. Estes comprobarán o estado no que se atopan os bancos de percebe e de ourizo.
O rexedor referiuse ao sabotaxe do que foi obxecto “unha empresa de transportes coñecida e importante da localidade, á que lle fixeron unha desfeita tremenda, desde pincharche as rodas dos vehículos tractores e dos remolques ata cortar os depósitos de combustible e ocasionar unha poza de gasóleo importante”.
Suárez Barcia relatou que “ese gasóleo discorreu polo regato que tiña máis preto e foi dar ao mar, concretamente á praia dos Castros, provocando alarmas xustificadas desde o punto de vista medio ambiental”. O alcalde de Ribadeo dixo que “estamos á espera de que veñan os biólogos da Xunta a tomar mostras no entorno da praia para ver si están afectados os bancos de percebe ou de ourizo. Será aproveitando a baixamar deste mediodía, pero en todo caso con moita prudencia gustaríame dicir que o dano está minimizado”.
O rexedor explicou que “cando se provocou esta sabotaxe, na noite do sábado ao domingo, a marea estaba alta, nestes días hai mareas bravas, fortes, que contribúen a eliminar todos os posibles vertidos ao mar. E ao mesmo tempo a chuvia deste días tamén axuda a diluír os efectos nocivos deste gasóleo”.
Fernando Suárez Barcia confía en que “o areal estará en perfecto estado de uso para a Semana Santa, e ao mesmo tempo agarda que non estean afectados os bancos marisqueiros porque sería un problema grande para todas as mariscadoras desta concello”.
O alcalde lamenta “por enriba de todo as perdas ocasionadas a esta empresa que da traballo a unha chea de familias e da comarca. Foran cales foran os motivos deste xeito non resolven os conflitos”.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



