Cervo, 21 de marzo de 2013-O Concello de Cervo celebrou hoxe o Día Internacional dos Bosques coa plantación de 60 árbores autóctonas no monte de propiedade municipal Escarabelada, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos. Un acto no que os protagonistas foron os máis de 200 escolares de infantil e primaria dos colexios de Cervo, que foron os encargados de botar as plantas, a meirande parte castiñeiros, coa axuda do persoal do distrito forestal VI de Viveiro e do obradoiro de emprego. En concreto, participaron neste acto a xefa do distrito, dous axentes e dúas brigadas forestais, así como profesores e alumnos do obradoiro de emprego do módulo de conservación e mellora de montes.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o xefe territorial da Consellería do Medio Rural, Ramón Losada tamén acudiron a este acto co que se pretendía “por unha banda concienciar aos nenos e nenas da importancia de coidar e preservar o noso medio natural” e ao mesmo tempo “contribuír con accións reais a, pouco a pouco, recuperar o bosque atlántico típico desta zona e con el, a paisaxe natural tradicional da Mariña” tal e como explica o rexedor.
A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, pola súa banda, subliñou tamén a necesidade de “apostar polo carácter produtivo e sostible dos recursos forestais” buscando a rendibilidade económica porque “o monte, ademais de riqueza patrimonial e cultural, representa tamén unha actividade empresarial que xera moitos postos de traballo –arredor de 18.000 entre directos e indirectos na provincia lucense- e axuda a fixar poboación no medio rural”.
Ademais da plantación realizada hoxe, entregouse a cada neno unha árbore, de xeito que se repartiron entre os escolares máis de 200 plantas de especies variadas como castiñeiro, carballo do país, carballo americano, acivro, teixo, sequoia, oliveira, sobreira, freixo ou piñeiro. Unhas árbores que poderán sementar na casa coa axuda dos maiores.
Cabe destacar que todas estas árbores foron achegadas polo Servizo Provincial de Montes, dependente da Consellería do Medio Rural. Un departamento que doou un total de 900 árbores, das cales 300 son pradairos, 300 castiñeiros e outros 300 ameneiros. Así, ademais dos exemplares sementados hoxe neste acto o Concello ten previsto plantar todos os demais exemplares, que se repartirán entre o monte Escarabelada, de propiedade municipal e de 9 hectáreas de superficie, e o monte comunal A Bidueira.
Ao mesmo tempo o mandatario cervense lembra que “o Concello ten en marcha un ambicioso proxecto de recuperación do bosque de natureza atlántica a través de diversas accións que se veñen desenvolvendo nos últimos anos e entre as que se atopan a repoboación dos montes cervenses utilizando especies autóctonas”.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



