O vindeiro mércores 20 de marzo,ás 19.00 horas, o Salón de Actos do Centro Cívico de Xove acolle unha charla-coloquio sobre “Certificación de gestión forestal sostenible”. Será a cargo de Antonio de María Angulo, de PFEC España. Esta xornada vai estar aberta ao público en xeral, con entrada libre, pero é especialmente interesante para os propietarios/as de montes. Coincidindo con esta actividade, o pasado xoves 14 de marzo abriuse na Sala de Exposicións do Centro Cívico a exposición “¡Aprovechemos nuestros bosques!”. Esta mostra consta de varios paneis informativos que abordan cuestión relacionadas coa xestión forestal sostible e a certificación forestal como ferramenta idónea para coidar os bosques. Cómpre sinalar que estará aberta ata o vindeiro domingo 24 de marzo que o horario é de 18.00 a 21.00 horas. Os centros educativos da comarca que o desexen poderán visitala en horario de mañá, previo aviso.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



