O Concello da Estrada convoca o XXV Premio de Novela Manuel García Barros. O premio pretende difundir a cultura galega e a figura do ilustre académico e galeguista e para iso conta cunha dotación económica de 9000 euros que se entregarán a un único gañador que presente os seus traballos, inéditos e totalmente orixinais, en lingua galega antes do 30 de abril na Casa do Concello da Estrada.
XXV Premio de Novela Manuel García Barros