A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, quere que este ano o día da nai sexa un pouco máis especial, si cabe, aportando o seu graniño de area para todos aqueles que buscan un agasallo con sentimento, algo especial para mamá, onde ademáis, estarán a colaborar na integración das persoas con enfermidade mental.
Así, fixeron distintos centros florais, de forma totalmente artesanal, no taller de foami que imparte Sonia Marcos,e que se venderán a un prezo de 10 € en distintas floristerías que se brindaron a colaborar con nós.
Por un lado, a Floristería Alecrín, con sedes en Burela e en Celeiro, e por outro lado, a Floristería Gardenia, con sedes en Foz e en Ribadeo, poñerán á venda dende o próximo xoves e ata o domingo, Día da nai, estes centros .
Asimesmo, o próximo xoves día 2 de maio, están atendendo ó público na sala de exposicións de Porto Plaza , en Burela, en horario de 16:00 a 20:30h, por se alguén se quere achegar e mercar algún centro ou outro tipo de agasallos elaborados con todo o cariño para tal fin.
Esperan que a sala sexa concorrida, debido a que iso repercutirá moi positivamente na autoestima de tódolos usuarios ó mesmo tempo que estarán un pouco máis cerca da tan desexada integración.
Para rematar , a Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, agradece a colaboración unha vez máis á Fernando Quelle, de Floristería Alecrín, que se sigue sumando ás nósas iniciativas solidarias e de integración e participación na comunidade, ó mesmo que agradece a María José López, de Floristería Gardenia, que está ilusionada por participar nesta causa, por primeira vez; facendo participes a todos os usuarios e polo tanto, conseguindo pouco a pouco a integración social e comunitaria , que tanto precisan as persoas diagnosticadas de enfermidade mental crónica.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



