Coidar e manter limpo o entorno natural é o propósito do grupo de voluntarios de Alcoa San Cibrao que mañá, 12 de abril, limpan as marxes do río Cobo ó seu paso por Trasbar, no municipio de Cervo. A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, que colabora na actividade, recibirá 3.000 dólares da Fundación Alcoa como respaldo a esta iniciativa dos empregados da fábrica.
Os voluntarios limparán as marxes do río, desbrozando de maleza e retirando pólas mortas e obxectos alleos ao ambiente natural da ribeira do Cobo, arroxados por transeúntes ou arrastrados polas augas durante as crecidas do río como consecuencia das choivas. Unha vez completada a recollida e depositados os materiais de desfeito en colectores especiais, os servizos municipais trasladaranos ao vertedoiro municipal. O Concello de Cervo colabora nesta actividade poñendo a disposición dos voluntarios e veciños participantes os materiais necesarios, o transporte e posterior tratamento de todos os residuos que se recollan.
Estes traballos de mellora do cauce reducen o risco de desbordamentos e asolagamentos en casos de incremento do caudal, á vez que se dota de luz a zonas sombrías do cauce do río, o que favorece o hábitat de especies animais e vexetais do medio fluvial.
A conservación da riqueza natural do entorno é o obxectivo desta iniciativa dos voluntarios de Alcoa, que desde fai anos dedican xornadas do seu tempo libre a limpar espazos naturais e ríos da Mariña, como o Ouro, o Xunco e o Cobo.
Así mesmo, a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar desenvolve actividades en beneficio dos residentes na zona, actividades deportivas, culturais e relacionadas co medio rural e medioambiental.
A misión da Fundación Alcoa é mellorar e fortalecer as oportunidades en educación, medio ambiente e mellora das condicións de vida dos habitantes das comunidades nas que a compañía está presente. Alcoa promove e apoia o voluntariado solidario e a acción social na comunidade dos seus empregados, para o que conta con programas específicos, os plans Acción e Bravo.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



