– O Deputado de Cooperación fixo balance deste servizo provincial, destacando que a gran maioría dos procesos atendidos foron contenciosos, cun 73%, seguido dos sociais, cun 19%, mentres que as materias predominantes foron o urbanismo, licencias ou expropiacións.
– Ademais da representación en preitos, 33 Concellos solicitaron 54 informes xurídicos, ben pedindo asesoramento legal sobre cuestións municipais, ou ben por ser preceptivos para continuar coa tramitación dun proxecto, como son os de incidencia medioambiental.
– Álvaro Santos destacou que esta memoria de actividades “pon de manifesto que a cooperación que impulsamos dende a Deputación é determinante para que os Concellos poidan aforrar cartos, e mellorar a súa xestión e a calidade dos servizos públicos”.
O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, fixo balance este luns en rolda de prensa da asistencia xurídica que, gratuitamente, a Deputación lle prestou o pasado ano 2012 ás entidades locais da provincia. Segundo informou o delegado, a Asesoría Xurídica do organismo provincial asistiu o pasado ano a 49 Concellos nun total de 366 preitos, aforrándolles deste xeito un mínimo de medio millón de euros. Álvaro Santos explicou que “esta sería a cantidade que, como mínimo, terían que asumir os municipios soamente en custas procesuais, segundo táboas de valoración oficial. Isto sen ter en conta os honorarios dos avogados, que son difíciles de estimar no mercado, e cos que a contía aforrada é, sen dúbida, moi superior”.
Santos subliñou a importancia deste servizo xurídico, indicando que “na maior parte dos casos, os Concellos non terían capacidade económica, nin recursos humanos propios para poder levar estes procesos xudiciais, polo que, non soamente lles aforramos cartos, senón que, grazas á Deputación, poden defender con garantías a súa xestión, os seus intereses, e, en consecuencia os da cidadanía”.
Os 49 Concellos que solicitaron á Deputación asistencia en materia xurídica en 2012 representan o 73% dos da provincia, e son 12 máis que os que pediron este servizo no ano 2011, apuntou Santos, quen destacou que a gran maioría dos procesos atendidos foron contenciosos, cun 73%, seguidos dos da xurisdición Social, cun 19%; a Civil, cun 7%, e a Penal, cun 1%.
En canto ás materias, no caso dos Contenciosos, o urbanismo, licencias, expropiacións e reclamacións patrimoniais son as máis frecuentes; na vía Civil, a maioría dos casos están vinculados con procesos concursais de empresas e débedas que manteñen coas administracións locais; e a Social son os relativos a preitos laborais.
Ademais da representación en preitos, 33 Concellos demandaron 54 informes xurídicos, na metade dos casos sobre cuestións urbanísticas e medioambientais. Estes informes son de dous tipos: ou ben os Concellos piden asesoramento legal sobre cuestións de transcendencia municipal co fin de adoptar a decisión máis axeitada ó respecto; ou ben solicitan un informe que é preceptivo para continuar coa tramitación dun proxecto, como poden ser, por exemplo, os informes de incidencia medioambiental.
“Somos útiles á provincia pola vía da eficacia”
Álvaro Santos destacou que esta memoria de actividades sobre asistencia xurídica pon de manifesto, unha vez máis, “a máxima de que xuntos aforramos máis”, e que “a cooperación que impulsamos dende a Deputación de Lugo resulta determinante para que os Concellos poidan reducir custes, e mellorar a eficiencia na súa xestión e a calidade dos servizos públicos. Demostramos, de novo, que somos útiles á provincia pola vía da eficacia”.
A Cooperación e Asistencia ós Concellos “é, de feito, a columna vertebral da nosa acción de goberno, a verdadeira razón de ser desta Deputación”, recalcou o Deputado, lembrando, que, ademais do ámbito xurídico, a asistencia que presta o organismo provincial abrangue moitos outros campos, como, por exemplo, o urbanismo, novas tecnoloxías, medio ambiente, económico-financeira, contratación ou recursos humanos. Neste senso, un dato moi significativo da importancia que o servizo de Cooperación ten para os Concellos é que recibe ó ano unha media de 2.400 consultas de tódalas entidades locais da provincia, agás a de Lugo, pois xa conta cun servizo propio, sobre as máis diversas cuestións.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



