A Oficina de medio ambiente (OMA) da UDC e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) organizamos un ano máis o ciclo de conferencias e obradoiros Primavera Ambiental, co obxectivo de achegar á comunidade universitaria diversas problemáticas, propostas e vías de participación na solución das mesmas. A duración do ciclo será desde o 10 de abril até o 7 de xuño. En oito actividades diferenciadas, abordaremos temáticas tan diversas como os residuos, a agroecoloxía, a biodiversidade, a enerxía, o consumo responsable… Ademais dunha compoñente teórica para a que convidamos a persoas expertas, todas elas inclúen aspectos prácticos e traballos aplicados ao campus e aos centros universitarios. Polo seu contido eminentemente práctico, todas elas están abertas á participación como voluntariado ambiental.
Programa
10 de abril: Horta urbana e compostaxe
Veremos como converter unha terraza ou balcón nunha horta, poñeremos a punto unha mesa de cultivo e visitaremos a área de compostaxe da UDC. Contaremos coa intervención da Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU).
18 de abril: Proxecto Ríos
Coñeceremos este programa de voluntariado en ríos e faremos a inspección de primavera do río Lagares. Acompañaranos un educador/a do Proxecto Ríos.
24 de abril: Encontro solar
Faremos unha exposición-obradoiro de aparellos solares, como fornos solares e outros, e teremos unha visita guiada a unha instalación fotovoltaica da UDC e a un centro con elementos de bioclimatización. Tamén haberá lugar para organizar un mercadiño de troco.
8 de maio
Reutilización e reciclaxe. Aprenderemos a importancia da reciclaxe de papel e aprenderemos a facer un consumo responsable do mesmo, presentaremos a campaña de aforro e reutilización de papel levada a cabo pola OMA e aprenderemos a elaborar cadernos con papel reutilizado.
15 de maio
Caixas niño para morcego. Coñeceremos a vida dos morcegos e para fomentar a biodiversidade no campus construiremos caixas niño que penduraremos polo campus. Posteriormente faremos o seguimento destas caixas. Contaremos con persoal experto en morcegos da Asociación Drosera.
22 de maio: Día mundial da biodiversidade
Faremos unha actividade de restauración participativa no monte da Fraga, e construiremos unha pequena charca co obxectivo de incrementar a poboación de anfibios e libeliñas no campus.
29 de maio: Flora exótica invasora
Da man de ADEGA, aprenderemos a identificar a flora exótica invasora e posteriormente sairemos ao monte da Fraga a facer unha eliminación deste tipo de especies.
7 de xuño: limpeza de praias
Para clausurar o ciclo participaremos na limpeza simultánea de praias.
Se estás interesado/a nalgunha destas actividades podes reservar xa a túa praza no correo da Oficina de Medio Ambiente oma3@udc.es.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



