Ribadeo, 19 de abril de 2013. A praia das Catedrais conta cunha nova fosa séptica, que entrará en funcionamento en breve. Está máis afastada do areal e máis próxima á estrada. Esa nova infraestrutura evitará o seu baleirado a diario na época estival, xa que esa operación poderase facer cada tres ou catro días, segundo ven de anunciar o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O edil nacionalista lembrou que “levamos tempo tentando mellorar os aspectos medio ambientais da praia das Catedrais, na parroquia da Devesa. E por fin imos cambiar a situación das fosas sépticas que estaban na parte baixa das escaleiras, pegadas ao regato que pasa por alí. A nova fosa terá unha capacidade de 25.000 litros e estará a uns 100 metros da anterior e a uns 70 do regato, máis afastada do areal e máis próxima á estrada”.
O concelleiro de Medio Ambiente explicou que “esta nova fosa permitiranos ter unha marxe de baleirado de tres ou catro días durante o período estival, cando antes isto o tiñamos que facer a diario, así tamén evitaremos a erosión que se produce todos os días ao ir co camión e o cheiro que había na zona, porque no verán cando rebordaba non se podía estar alí”. A fosa é financiada por Costas e ten un custe aproximado duns 10.000 euros, xa foi executada por Tragsa e está a piques de entrar en funcionamento.
Cupeiro anunciou que “ademais imos construír uns baños ao lado do aparcadoiro. Estes irán integrados co entorno do monumento natural das Catedrais. Os novos servizos que se farán ao rematar época estival, despois de outubro mais ou menos, farémolos nesas datas para non correr o risco de perder a bandeira azul. A obra será financiada pola Deputación Provincial de Lugo. Despois de moitas loitas e de moito traballo conseguimos a dotación orzamentaria para levar adiante todo isto e así conseguiremos que os baños e concentración humana que se da alí ao lado das escaleiras cambien por completo a problemática existente nunha zona vital, que é a entrada e a baixada á praia das Catedrais”. O investimento neste caso ascenderá a 30.000 euros.
Durante os vindeiros meses as dúas fosas, a nova e tamén a que hai actualmente, estarán operativas simultaneamente. Será ata que remate a construción dos novos baños.
O edil de Medio Ambiente agradécelle “a Costas que faga fronte ao custe da nova fosa e á Deputación Provincial de Lugo o seu compromiso co desenvolvemento da mellora medio ambiental da praia das Catedrais e do seu entorno”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



