Lugo, 26 de abril de 2013. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo investirá 650.000 euros no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico ao longo de 2013, o que supón un aumento de máis do 28 por cento con respecto a 2011. Durante o último ano, un total de 3.126 lucenses de toda a provincia beneficiáronse deste servizo financiado pola Deputación e os concellos. Prevese que o número de usuarios e usuarias para este ano se incremente en canto todos os concellos, agás Lugo por ter máis de 2.000 habitantes, presentaron xa a solicitude para optar ás axudas que concede a institución provincial.
Estes datos foron ofrecidos polo Vicepresidente da Deputación e delegado de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno de hoxe, na que valorou, tamén, os datos do servizo de Teleasistencia Domiciliaria que atende a máis de 1.488 usuarios e usuarias en toda a provincia.
Sobre esta asunto, Veiga recordou que o servizo de Teleasistencia se segue prestando grazas á iniciativa da Vicepresidencia da Deputación e dos concellos que acordaron financialo ao 50 por cento despois de coñecer que o Goberno do Estado suprimía a partida orzamentaria que dedicaba a cofinanciar dito servizo e que o Goberno galego non estaba disposto a participar na súa cofinanciación. Así, a área de Benestar Social e os concellos cofinancian ao 50 por cento a Teleasistencia Domiciliaria, cuxo custe anual ascende a 335.800 euros.
“Tanto os datos do Servizo de Axuda no Fogar básico como os da Teleasistencia Domiciliaria –explicou Veiga- demostran cal é a estratexia de goberno do ente provincial centrada na aprobación e posta en marcha de políticas dirixidas a garantir o benestar dos lucenses que viven no rural e tratar de que a prestación dos servizos sociais sexa un nicho de creación de postos de traballo. Só co Servizo de Axuda no Fogar básico creáronse 542 postos de traballo en toda a provincia. As actuacións que promovemos son diametralmente opostas ás da Xunta de Galiza e o Goberno do Estado, cuxas políticas van dirixidas a privatizar servizos fundamentais como a educación, a sanidade e os servizos sociais”
O Vicepresidente da institución provincial acusou á Xunta e ao Goberno do Estado de abandonar á súa sorte aos concellos de menos de 20.000 habitantes e, polo tanto, a centos de lucenses do rural. “O Partido Popular está aplicando o Aparheid territorial segundo o número de habitantes dos municipios. Os populares poñen en marcha políticas totalmente discriminatorias cos municipios do rural. Grazas a que a Vicepresidencia da Deputación e os concellos asumiron parte da financiación destes servizos os usuarios e usuarias poden seguir desfrutando deles sen ter que asumir un incremento do seu custe.”
Lugo, á cabeza do desemprego
Antonio Veiga valorou tamén dos datos da Enquisa de Poboación Activa coñecida onte e que sitúa a Lugo á cabeza do incremento do desemprego cun aumento do 22 por cento. Cunha poboación de 355.000 habitantes, que só haxa 120.200 ocupados, e tendo en conta que, aproximadamente, a metade da poboación é non activa, “a provincia de Lugo vive unha situación de emerxencia.”
“Estes datos –concluíu- sentencian o fracaso das políticas do Partido Popular centradas na austeridade e da súa reforma laboral.”



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



