Ribadeo, 2 de abril de 2013. ACISA fai un balance positivo da Semana Santa en Ribadeo “xa que durante estes días miles de persoas se achegaron a disfrutar do seu descanso entre nós”.
Segundo os datos que baralla ACISA a ocupación hoteleira situouse en torno ao 80%, “houbo varios hoteis que colgaron o cartel de completos durante os festivos e a fin de semana, mentres que outros chegaron ao 75, 80 e ao 90%, tanto en Ribadeo como noutras parroquias do municipio”. Para a directiva de ACISA “estas cifras son máis que aceptables, se temos en conta que a Semana Santa este ano caeu moi cedo, se temos en conta a crise pola que atravesa o país e tamén o tempo tan desapacible que se rexistrou e que afortunadamente nos concedeu unha tregua tanto o sábado coma o domingo”.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo engaden que “os bares, mesóns e restaurantes se beneficiaron tamén da presenza dos miles de turistas que chegaron a Ribadeo estes días, así como dos torneos e campionatos deportivos que se celebraron esta fin de semana na localidade. O comercio tamén rexistrou un movemento importante ao longo da última semana, algo no que incidiu a apertura dos nosos establecementos asociados o día de Xoves Santo pola mañá e tamén o domingo, día de apertura normal no comercio ribadense desde fai moitos anos”.
ACISA destaca que “quen nos visitaron elixiron Ribadeo en moitos casos para coñecer e visitar a praia das Catedrais, pero tamén para achegarse a Rinlo, ao porto deportivo, para disfrutar da ría, do comercio e da gastronomía. A todos eles lles agradecemos o seu paso polo municipio estes días e animámolos a que repitan noutras datas e a que lles conten aos seus amigos e achegados o moito que Ribadeo e as súas xentes lles ofrecen”.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



