O aspirante á secretaría xeral presentou hoxe o seu proxecto en Viveiro ante a militancia da Mariña coa intención de facer que o partido en Galicia traballe “cun rumbo político común co PSOE” pero sexa “autónomo no seu funcionamento” e “sen tutelas na súa capacidade de decisión”
José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, reuniuse esta tarde noite cos militantes da comarca da Mariña na sede do partido en Viveiro para presentar o seu proxecto de partido, escoitar as aportacións da militancia e respostar preguntas sobre o modelo orgánico e político. Gómez Besteiro transmitiu a súa aposta por un PSdeG “claramente galego”, que sexa “autónomo no seu funcionamento” e “sen tutelas na súa capacidade de decisión”, pero “que comparta un rumbo político común co PSOE”.
“É máis, eu defendo un PSdeG con cada vez máis peso no proxecto socialista de España, disposto a facer da nosa singularidade como país un valor e capaz de afrontar retos propios con solucións propias”, afirmou. Deste xeito, destacou que “non se pode obviar que Galicia ten problemas e retos propios”, poñendo exemplos como a despoboación ou o envellecemento, “e tamén unha cultura e unha realidade social única que hai que defender desde a cercanía e o coñecemento”. Tamén incidiu na necesidade de “facer pedagoxía” e “transmitirlle á xente da Mariña que tamén lle inflúen os problemas de Pontevedra, ou falar en Ourense dos retos de Ferrol, porque se a todos nos vai ben, a Galicia iralle ben”.
A esta característica, a de ser claramente galego, engadiu a necesidade de construír un PSdeG “renovador, integrador e cada vez máis grande, para recuperar a confianza da cidadanía”. Para esa renovación, o socialista aposta por fomentar a “rexeneración democrática a calidade política e máis participación activa dos militantes”, a través de medidas de transparencia e un regulamento de Código Ético cuxas características xa vén adiantando nas reunións coa militancia nas últimas datas. Tamén aposta por “aproveitar a intelixencia colectiva” para formar “un liderado compartido” que sexa “a referencia de toda a xente progresista de Galicia”. Gómez Besteiro, que continúa co seu percorrido por todas as comarcas galegas, destaca que ese liderado debe “saber recoller a forza de todos” para engrandecer o partido. “Non somos suficientes, e xusto cando a sociedade necesita máis, non podemos ofrecer menos”, destacou.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



