Os Centros de Menores San Aníbal de Burela organizan uns cafés-coloquio para os profesionais dos Servizos Sociais da Mariña. Esta actividade comenza cun coloquio coa nova Directora Xeral de Familia e Inclusión Social da Xunta de Galicia, Amparo González Méndez, na que están convidados técnicos municipais dos Servizos Sociais de todos os concellos da comarca, xunto con profesionais de outras organizacións como UAD, Atención Temperá, Cáritas, Cruz Vermella…No encontro abordaranse os cambios no Plan Concertado de financiación dos Servizos Sociais Municipais, a nova Risga, as axudas de Emerxencia Social, o novo Plan Demográfica, as novas competencias sobre Inmigración e todo aquilo que os participantes desexen preguntar. En próximas edicións trataranse problemas de conduta do mocidade e as políticas de igualdade e a violencia de xénero.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



