O grupo de montaña do Club Deportivo “Marqués de Casariego” de Tapia organiza unha nova ruta. Neste caso trátase da Ruta dos Portos de Brao (La Pola de Gordón, León) que se desenvolverá o domingo 14 de abril con saída ás sete e media da mañá dende Tapia. Nun primeiro momento estaba previsto que tivera lugar este sábado pero debido ás condicións meteorolóxicas posponse para a vindeira fin de semana. José Luis da Peruyeira será o guía desta ruta de tipo circular de 12 quilómetros de distancia e de dificultade media que comeza na localidade de Cabornera. Subirase ata os portos de Fonfrea, Espinedo, Santa Cruz e ao Pico Feliciano. Despois de dirixirse a Hoz Escura, achegaranse a Paradilla de Gordón e de volta a Cabornera. Os prezos son de 3 euros para os socios colaboradores, 5 para os socios e 12 para os que non o son. Para inscribirse é preciso contactar antes do xoves 4 de abril cos teléfonos: 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Rafa) ou 608 540 828 (Eva).






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



