Vai xa para 81 anos que o 14 de abril de 1931 proclamouse no noso país a 2ª República en substitución da monarquía de Alfonso XIII. O vindeiro sábado día 13 de abril ás 23:00 horas haberá unha xuntanza, como xa é costume, no restaurante Costa Verde de Ribadeo, para lembrar e celebrar aqueles feitos. Ademais, Vadim Vushknevit interpretará co seu acordeón cancións republicanas daquelas datas. Todo aquel que estea interesado pode anotarse e reservar o seu cuberto no mesmo restaurante.
