A Asociación de Veciños Terras de Tovar de Santo Tomé está organizando unha serie de cursos tanto para os seus socios como para calquera outra persoa que estea interesada. Neste momento estanse a levar a cabo ata catro cursos, un de iniciación á informática e Internet para adultos, dous cursos de costura e outro de pintura e manualidades. Por outra banda, estase traballando xa noutros cursos futuros tendo xa concertado de cara a tempada de verán un curso de iniciación á informática para os máis pequenos da casa, así como se están estudando as opcións doutros como é de Tai-Chí, sen descartar algún posible viaxe. Esta asociación tivo recentemente unha asemblea na cal se renovou a Xunta Directiva, en concreto os cargos de vicepresidente e vocais.
