Un ano máis a Comisión de Festas de Monte organiza as festas patronais na honra a San Isidoro o 6 e o 7 de abril. O sábado despois da misa solemne Lembranza amenizará a sesión vermú e arredor das tres servirarase un xantar nunha carpa pechada para o que é preciso inscribirse no teléfono 646 64 76 19. A partir das cinco da tarde arrincará o tempo de baile no que se premiará ás tres mellores parellas coa música de Lembranza e Garibaldi. Pola súa banda, o domingo ás dez da mañá arrincará a ruta de sendeirismo “Penasagudas á Cruz do Pao da Vella” para o que é preciso apuntarse no teléfono 982 16 93 49. A partir das cinco da tarde volverá a haber baile e verbena coa orquestra Lembranza.





















Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



