Ribadeo, 26 de abril de 2013. O pub O Rockuncho de Ribadeo acolleu, esta tarde noite, unha xornada reivindicativa organizada pola formación de Galiza Nova na Mariña baixo o lema “O povo é quem mais ordena!” que serviu para lembrar a Revoluçâo dos Cravos, cando se cumpren 39 anos do seu estalido.
Durante este acto conmemorativo proxectouse o vídeo “25 de abril de 1974” seguido dun coloquio coa responsábel comarcal do BNG, Ana Ermida, baixo o título “Do 25 de abril á Troika”, onde se afondou na importancia que para os pobos ten a soberanía.
Segundo explicou Ermida, o 25 de abril, coñecido como o ‘Día da Liberdade’, “contribúe a manter viva a memoria dun feito que supuxo o derrubamento da ditadura e a conquista das liberdades en Portugal. A ditadura en Portugal xa non vén da man de Salazar mais si da Troika. Portugal xa non pode decidir as súas medidas económicas, producíndose así unha degradación progresiva das condicións de traballo, eliminación de dereitos socias e un empobrecemento xeralizado. Portugal loita, a día de hoxe, por recuperar a soberanía”.
“A análise da situación que se viviu naquel momento en Portugal – continuou a responsábel comarcal- permítenos afondar na situación que atravesa hoxe en día ese país e que é unha boa mostra da situación que viven os pobos de Europa e que se pode trasladar a pobos limítrofes como é o caso da Galiza”.
“Dende o BNG vimos insistindo na idea de soberanía nacional, posto que cremos impresdincíbel que os pobos poidan decidir por si mesmos á hora de aplicar as políticas que máis lle interesen ás cidadás e aos cidadáns e que se lles outorgue a capacidade de decidir o futuro do País fronte ás políticas neoliberais que imperan actualmente”, concluíu Ermida.



















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



