O ED EON Burela FS Infantil A será o primeiro representante laranxa en estrearse no Campionato Provincial de Deporte Escolar. Como segundo clasificado da liga, terá o compromiso de medirse ao segundo de Val de Lemos, ED Quiroga, na fase previa, mañá no municipal de Lugo. O Infantil B, campión de liga, e o Cadete, campión na final comarcal, incorporaranse en cuartos, o 4 de maio.
Na Copa Xuvenil, os pupilos de Lucas enfrontaranse ao segundo e último rival da fase de grupos; visitará a pista do Cidade de Narón o domingo ás 12.30 horas.
En Autonómica, cadetes e infantís xogarán lonxe da Mariña, en Ferrol o domingo e Cambre o sábado, respectivamente.
A axenda dos máis pequenos, benxamíns e prebenxamíns, programa un par de amigables coa AD Santiago de Foz, o sábado.
Campionato Provincial de Deporte Escolar (Fase Previa)
ED EON Burela FS Infantil A-ED Quiroga Infantil B
Sábado 27 de abril, ás 11.00 horas, no pavillón municipal dos Deportes de Lugo
Copa Liga Nacional Xuvenil
Cidade de Narón-Burela FS
Domingo 28 de abril, ás 12.30 horas, no complexo da Gándara
Liga Autonómica Cadete
O Parrulo FS-Burela FS
Domingo 28 de abril, ás 10.45 horas, na Malata de Ferrol
Liga Autonómica Infantil
CD Mare Nostrum-ED EON Burela FS
Sábado 27 de abril, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Cambre
Amigables
ED EON Burela FS Benxamín-AD Santiago de Foz Benxamín B
Sábado 27 de abril, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED EON Burela FS Prebenxamín-AD Santiago de Foz Prebenxamín
Sábado 27 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
