Afrontamos este 1º de Maio de 2013 sumidos/as nunha profunda crise económica que está a afectar de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de postos de traballo, perda de salario, precarización e desregulación das condicións de traballo, perda de dereitos, estafas financeiras, desafiuzamentos etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP, a través do Goberno español e do Goberno galego, seguindo as directrices que marcan institucións como o Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo ou a Unión Europea, responden claramente ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa do que son os intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Máis, estas políticas, están levando ás maiorías sociais a unha auténtica situación de emerxencia social.
Non hai máis que ver os últimos e recentes dados da EPA: o número de desempregadas/os no Estado xa supera os 6 millóns, o que supón unha taxa do 27,16%, sendo Lugo, por certo, a provincia que lidera, con Burgos, o incremento no número de desempregadas/os no derradeiro trimestre.
Eses son os “marabillosos” resultados da contrarreforma laboral, que lonxe de loitar contra o desemprego, sí cumpriu, á perfección, o papel para o que foi deseñada: a precarización exponencial das condicións laborais e unha forte e xeneralizada baixada salarial.
Por riba, temos que observar como indecentemente se apoia a Banca e as oligarquías financeiras con miles e miles de millóns de euros sacados de, outrora, dereitos básicos coma a educación ou a sanidade, aproveitando ademais a conxuntura para afondar na súa reiterada teima de privatizar todo o privatizable poñéndoo, como non, en mans amigas.
Estamos ante unha verdadeira situación de emerxencia social e ante iso temos que rebelarnos contra estas políticas e este sistema económico, esixindo dos gobernos que fagan políticas que realmente axuden a saír da crise e que o fagan desde unha perspectiva favorábel aos intereses da maioría social. Si existen alternativas, si é posíbel facer outro tipo de políticas: combater realmente a fraude fiscal, facer unha política impositiva para que pague máis quen máis ten, incrementar os impostos ás rendas do capital, crear unha banca pública que garanta crédito a familias e pequenas empresas, incrementar o investimento público e os salarios como mecanismo de reactivación da economía e xerar emprego, rematar coa especulación coa débeda pública pola vía de que o BCE compre directamente débeda ao estados, negarse os estados a pagar a débeda pública ilexítima….
Este sistema económico non garante dereitos básicos e universais á poboación. Este modelo económico e social obriga á clase traballadora a estar permanentemente en loita na defensa dun salario e dun posto de traballo digno; dun ensino e dunha sanidade públicos e de calidade; dunha vivenda para todos/as; dunha alimentación sa; dunha política industrial, agrícola e de infraestruturas respectuosa co medio ambiente… Este é un modelo económico ao servizo dunha minoría social e nestas situacións de crise é cando mellor se pon de manifesto.
Temos, pois, que loitar por un novo modelo de organización a nivel social e económico, realmente democrático, que sirva aos intereses da maioría social e no que as clases populares e @s seus representantes, sociais e políticos, sexan @s que fixen as políticas económicas e laborais e non institucións políticas e financeiras ao servizo do capital.
Polo que respecta á clase traballadora galega, hoxe máis que nunca, precisamos poder decidir por nós mesmos as nosas condicións laborais e sociais, por iso esiximos un Marco Galego de Relacións Laborais e Sociais, con competencias plenas, en correspondencia co exercicio do dereito á soberanía política plena da nación galega.
Por todo isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en distintas localidades do país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que está a aplicar a dereita española.
E, na Mariña, se o ano pasado nos manifestabamos en Mondoñedo porque tralo peche de Ecar e os despedimentos de Hermida considerabamos esa a zona cero desta crise-estafa na comarca, este ano moitos poderían ser os lugares elixidos pois non hai lugar que non sufrira de primeira man a situación, mais escollemos Burela por estar a problemática do Hospital en plena vixencia, unha problemática ademais transversal pois inclúe o tema laboral, social, e que simboliza de xeito paradigmático as políticas neoliberais que nos están a impor.
Por iso vos convidamos a manifestarvos connosco o 1º de Maio, con saída ás 12.00 dende o local da CIG sito en Arcadio Pardiñas 137, para poñer o noso grao de area nesa loita común. Para que nos escoiten, para que saiban que estamos fart@s!!! que renegamos deste sistema que alimenta aos ricos e vira as costas ás maiorías sociais, para que saiban que cremos que outro mundo é posible, máis xusto, máis solidario e que ademais de crer imos loitar por el. Porque a loita é o único camiño!!! Porque coa CIG na rúa, a loita continúa!!!!.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



