• A actividade baixo o titular de “Mesa de Traballo: Estratexias para o Turismo” celebrarase na Casa da Xuventude da localidade, en horario de mañá, de 10:00 a 14:30 horas
• O foro, organizado por Novas Xeracións en colaboración co PP local, reunirá a expertos en turismo e que son un reclamo por parte do sector
Mondoñedo, 11 de abril de 2013- A localidade de Mondoñedo acollerá o próximo sábado 27 de abril un encontro práctico con expertos en turismo para a análise e aprendizaxe das liñas a seguir co obxecto de fomentar o turismo.
A actividade levará por titular “Mesa de Traballo: Estratexias para o Turismo” e celebrarase na Casa da Xuventude do municipio, en horario de mañá, de 10:00 a 14:30 horas.
Este foro está organizado por Novas Xeracións de Mondoñedo en colaboración co PP local e reunirá a expertos tanto da administración, como de entes privados e propulsores de iniciativas na área turística, que son un reclamo por parte do sector turístico na localidade e na comarca. Así, dende o PP e NN.XX. explican que están a ultimar o programa, que presentarán en breve.
Segundo aseguran dende a organización da mesa de traballo, estas xornadas prácticas procuran a interacción de propostas consensuadas entre expertos e o sector da zona para dinamizar o turismo e acadar un repunte desta actividade que contén “un valor indiscutible para a localidade”.
Esta encontro nace co obxecto de loitar polo futuro do turismo e enmarcase na liña de traballo que está a seguir o PP local e os mozos de Novas Xeracións, que tras aprobalo con establecementos hoteleiros, empresas privadas e particulares, ten na man un proxecto dinamizador do turismo local e reorganizador dos recursos que presenta a zona.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



