Ribadeo, 5 de abril de 2013. Música, teatro, andainas, audicións e a inauguración dunha sala de lectura infantil son algunhas das propostas da Concellaría de Cultura para o segundo trimestre do ano. A programación para estes meses foi presentada esta mañá pola concelleira Mariluz Álvarez Lastra.
A edil nacionalista subliñou que “Músicas Posíbeis vai ser o máis potente, o que vai enmarcar a nosa programación cultural neste trimestre, pero tamén contaremos con actividade de teatro profesional. Concretamente imos comezar con Rafael Álvarez El Brujo, coa obra Cómicos; contaremos tamén coa presenza da compañía Áncora, que vai poñer en escena a obra Snakizados; e tamén a compañía Il Maquinario Teatro, que vai ser a primeira vez que estará en Ribadeo e vai poñer en escena O home almofada”.
Para Álvarez Lastra “o teatro é algo que xa está moi consolidado en Ribadeo e ademais das representacións profesionais seguiremos contando neste trimestre coa posta en escena da compañía de teatro afeccionado de Ribadeo, dirixida por Toni Deaño, que vai facer unha actuación en beneficio da asociación para a loita contra o cancro o 14 de abril. Será coa obra que xa teñen estreada, Lisístrata, que tamén representarán en Rinlo neste mes de abril e en xuño participarán na mostra de teatro afeccionado de Mondoñedo”.
A concelleira de Cultura sinalou que “toda esta programación cultural para este trimestre complétase coa actividade que fai a Coral Polifónica de Ribadeo, a nosa Escola de Música e a Banda Sinfónica Municipal. Concretamente a Banda neste trimestre fai facer o concerto das Letras Galegas, como ven sendo habitual ao longo dos últimos tempos, e a Polifónica vai ter un encontro cunha coral de Vitoria e farán unha actividade conxunta no mes de xuño. Tamén se inician as audicións na Escola Municipal de Música, que van ter lugar en dúas semanas: unha na vindeira semana e outra no mes de maio, nas que todas as disciplinas musicais e todos os instrumentos van facer as súas actividades puntuais dedicadas cada tarde a un deles, dirixidas polo profesorado da escola”.
Mariluz Álvarez dixo que “neste trimestre ten un peso especial a actividade para o público familiar, unha aposta forte que o goberno municipal e a área de Cultura centra moito na actividade para os máis pequenos, para os mozos e sobre todo intentando tirar tamén polas familias. É algo que está moi consolidado e a actividade deste trimestre vai estar centrada en torno á Semana do Libro. Imos facer actividades cos centros de ensino de Primaria do noso concello, unha obra de títeres a cargo do grupo Fanfarra de Soños, que actuará en Ribadeo grazas á colaboración da Xunta. A compañía Trinke Trinke vai facer actividades de animación na biblioteca municipal. E imos ter tamén a inauguración dunha sala de lectura infantil para que os máis pequenos da casa, sobre todo no tramo de 0 a 6 anos, poidan ir alí cos seus pais, coas súas familias e poidan ler contos. Non é unha sala dunhas dimensións moi grandes, pero imos acondicionala e estreala na roldando o 24 de abril, que é a Semana do Libro”.
E engadiu que “como actuación estelar imos traer ao Cine Teatro Ribadeo A nena e o grilo, un conto musicado con un CD de calidade excepcional; é teatro musicado que ten a súa orixe nun libro disco que gravou o músico Magín Blanco acompañado de artistas como Uxía Senlle, Ugia Pedreira, Xabier Díaz ou Guadi Galego. Conta tamén no escenario con Xoán Curiel e con Charo Pita. Vai ser o prato forte das actividades para os máis pequenos e vai ter lugar o 21 deste mes no Cine Teatro ás cinco da tarde”.
A programación cultural deste trimestre comeza este sábado “cunha andaina, que non é propia da Concellería de Cultura senón que é unha colaboración coa asociación cultural Francisco Lanza, que fai as súas andainas e neste caso puxémonos en contacto con eles e con Emilio Piñeiroa, que é un profesor do instituto de Ribadeo que traballa cos seus alumnos a historia. Esta andaina vai ser de 15 quilómetros, comezará en Remourelle e rematará nas Anzas e vanse visitar os vestixios prehistóricos que temos no noso concello, concretamente farase unha parada en Rego de Mel, na finca das Fadegas e tamén para ver os podomorfos das Anzas. Aquelas persoas que queiran asistir, como xa ten anunciado a asociación Paco Lanza, saíran ás 11 e media da mañá do aparcadoiro municipal e estará sobre as catro da tarde nas Anzas. As persoas que non queiran facer todo o tramo poden ir alí e acercarse á explicación que altruistamente van facer Emilio Piñeiroa e Teresa Díaz, aos que queremos agradecer a organización desta actividade”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



